Peto de Ánimas no Souto Redemuiños |
Un conto de ánimas
JOSE LUIS FUENTES
Era sábado,
media mañá dun día de principios de verán.
Fun cortar o
pelo onda sempre. Cheguei a iso das doce.
Mentres o perruqueiro levaba o traballo con parsimonia,
canso de que non lle seguisen o fío das súas conversas, empezou a ensarillarse
en temas transcendentes, e non sei cómo bateu co máis-alá.
Osario San Salvador Redemuiños |
Entón o meu compañeiro de espera tomou a palabra, e con ton sosegado e discurso vagaroso dixo:
–Verá…,
pois… voulle contar o que me pasou a min:
Era a festa
na parroquia da miña muller e había que ir; así que aparellei a besta e alá
fomos.
Á volta
viñamos calados, algo cansos, os dous na
cabaleiría, a muller detrás.
De camiño
tiñamos que pasar polo pueblo da miña nai, que morrera anos atrás e ao entrar no
lugar…. Alí estaba ela.
Non dixen
nada.
Máis adiante,
no medio do pueblo, ela volvía estar.
Calei, e
seguimos.
Á saída do lugar, sentada na cancela dunha
finca que fora nósa, estaba a miña nai outra vez.
Tampouco
ningún dos dous dixemos nada.
Seguimos
camiño, todo o tempo calados. Ela non volveu aparecer.
En chegando
á casa, namáis baixarnos da besta, díxenlle á muller: –¿Viches algo? –¡Vin!, dixo ela.
Máis tarde
acordamos de terlle unhas misas por se, lle quedara algunha obriga sen cumprir.
Peto ánimas San Salvador de Redemuiños |
Nin sei de onde era o home. Nin en qué lugar situar
o suceso. Podería ser calquera da nosa Terra. Naquel aire de tempo suspenso no
que estabamos non quedou sitio para preguntas.
Aquela historia chegoume moi fondo, pola
sinceridade e humildade coa que compartira connosco aquel anaco íntimo da súa
vida de maneira tan desprendida. Sentinme tan agradecido, ou solidario -non
sei- que non puiden menos de tentar de contribuír tamén eu algo a aquel aire calmo
e de suspenso que nos envolvía e compartir con el outra historia que eu coñecia
ben:
A Cruz en Quintela de Leirado |
“-Foi una
noite de mediados doutro verán:
Aquela noite
deitouse de rutina. Sen teimas nin cavilacións. Coa cabeza lixeira e o corpo
canso.
Soñou. Soñou
que desaparecera o seu pai. E que o pai sentía que andaba perdido…
Pola súa
parte, el e mailos irmaos andaban na procura do pai sen velo por ningures…
Pero ao mesmo tempo el estaba vendo o pai:
Estaba
detrás do Canastriño das Ánimas, mirando con mirada perdida cara o poñente…
Canastriño de ánimas- San Pedro de Leirado |
E el e os irmaos
estaban no adro, do outro lado do muro que dá contra o Canastriño, onde están os nichos da familia.
Aínda era
cedo pero levantouse.
Pouco
despois, e polo teléfono, dicíanlle que o seu pai finara aquela noite. Noite da
Asunción para o San Roque.
Esta vez si que sei onde pasou. Que os soños non
sempre soños son.
Adro da igrexa de Hospital de Incio. Na lápida pódese ler:
"A TODOS OS NOSOS ANTERGOS
DOS QUE HERDAMOS
AS TERRAS A FE E A FALA"
No hay comentarios:
Publicar un comentario