Ana Mosquera
Os de Arboiro
A
nosa historia de hoxe comeza na illa de Cuba, onde o señor Nicanor, procedente
do interior de Ourense, concretamente do lugar de Arboito, Concello de San Xoán de Río,
traballaba de buzo no porto da Habana.
Como
moitos emigrantes galegos enfermou e veu á casa a morrer. E como moitos
emigrantes galegos, incluído o meu bisavó, unha vez na casa a súa saúde
recuperouse de forma milagrosa e continuou coa súa vida na aldea natal.
Ferramentas herdadas da familia e outras cedidas na casa de Arboiro |
O
señor Nicanor era un artista, da madeira e do ferro, o mesmo reparaba o motor
Lister da máquina de mallar que fabricaba a culata dunha escopeta ou arranxaba
unha casa.
A
fonte de Arboiro, cuxa construción debemos a Nicanor, ten a curiosidade de que, en lugar de estar coroada por unha cruz, o está por un globo terráqueo, en
homenaxe ao aviador republicano, Ramón Franco, irmán do futuro ditador, que
acababa de cruzar o Atlántico por primeira vez nunha avioneta, na famosa
operación Plus Ultra.
Fonte de Arboiro adicada a Ramón Franco Inaugurouse o 1º de maio de 1936 |
Ter dedicado a fonte ao irmán do ditador non librou a Nicanor do presidio. De feito nin o irmán do ditador se librou da represión segundo conta a lenda negra.
D.
Nicanor estivo preso en Lugo, en Monforte e en Celanova. Neste ultimo lugar foi testemuña de paseos nocturnos dos seus
compañeiros de presidio, segundo nos contou o seu neto Florencio de Arboiro.
A parte inferior estaba desfeita e foi Nicanor de Arboiro, na súa época de preso no convento, quen a restaurou. |
Nicanor
salvou a vida grazas a salvar as portas do mosteiro, que estaban en pésimo
estado de conservación. Nicanor artista da madeira e do metal, fixo unha
magnífica restauración que aínda podemos aprezar hoxe nas fermosas portas da
igrexa de San Salvador, o que lle valeu a protección das monxas que se ocupaban dos labores de cociña e enfermería e que lle
encargaban os máis diversos arranxos. Grazas a iso converteuse nun preso protexido.
Hai que atalo. Escultura en bronce de Florencio de Arboiro Fai referencia á enfermidade mental |
O
seu neto Florencio recolleu o legado de Nicanor, aprendeu o oficio da forxa e
converteuse nun artista dos bronces, cun dominio preciso da técnica e unha gran sensibilidade. Pero sendo de moita calidade, as esculturas de
Florencio de Arboiro só representan unha pequena parte da súa obra artistica
e persoal.
Florencio
traballou no taller ocupacional do Sanatorio Mental de Toén, onde realizaba
obras cos enfermos.
Obra realizada cos enfermos. Pola falta de espazo atopase nunha adega. |
Destaco esta porta, porque esta feita polos enfermos. Colocaron todas as chaves
dun pavillón abandonado sobre unha porta tamén abandonada. A
porta brila como un espello, pero non é capaz de reflexar unha imaxe. As chaves
son funcionais, pero non abren ningunha porta. A obra parece definir a propia enfermidade mental.
Obra en bronce e madeira. |
Ademais deste magnifico traballo en Toén. Florencio leva varios anos ao rescate das profesións ambulantes extinguidas. Restaurou a casa do avó Nicanor en Arboiro e instalou nela un museo, A CASA DAS RODAS, onde expón máis de 100 rodas de afiar, fotografías de afiadores, cartaces, letreiros…
Tamén
recuperou material dos quincalleiros, ambulantes de pequenos obxectos como
lentes, colares…, dos fuseiros.
Unha das últimas rodas que mercou Florencio. |
Florencio organiza encontros de afiadores de varios países (Galiza e Italia entre os principais) e é tamén a alma da Asociación Cultural Ben Cho Sei, que recupera e dá a coñecer o mundo do afiador. A Asociación publica anualmente a revista O Naceiro. Todo isto practicamente sen apoio institucional e con moito esforzo propio.
Florencio de Arboiro |
Revista o Naceiro |
Video:
Debemos agradecer a Jose Luis Fuentes que nos descubrise a Casa das Rodas, e a Florencio de Arboio.
ResponderEliminarUnha vez mais Jose Luis, grazas polo coñecemento que tes do país.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarMoi interesante o artigo, así como a obra de Florencio de Arboiro
ResponderEliminarhttps://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2009/07/territorio-florencio-la-huella-de-un.html
Eliminarhttps://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2009/07/territorio-florencio-la-huella-de-un.html
ResponderEliminar