Ana Mosquera
Os de Arboiro
A
nosa historia de hoxe comeza na illa de Cuba, onde o señor Nicanor, procedente
do interior de Ourense, concretamente do lugar de Arboito, Concello de San Xoán de Río,
traballaba de buzo no porto da Habana.
Como
moitos emigrantes galegos enfermou e veu á casa a morrer. E como moitos
emigrantes galegos, incluído o meu bisavó, unha vez na casa a súa saúde
recuperouse de forma milagrosa e continuou coa súa vida na aldea natal.
![]() |
| Ferramentas herdadas da familia e outras cedidas na casa de Arboiro |
O
señor Nicanor era un artista, da madeira e do ferro, o mesmo reparaba o motor
Lister da máquina de mallar que fabricaba a culata dunha escopeta ou arranxaba
unha casa.
A
fonte de Arboiro, cuxa construción debemos a Nicanor, ten a curiosidade de que, en lugar de estar coroada por unha cruz, o está por un globo terráqueo, en
homenaxe ao aviador republicano, Ramón Franco, irmán do futuro ditador, que
acababa de cruzar o Atlántico por primeira vez nunha avioneta, na famosa
operación Plus Ultra.
| Fonte de Arboiro adicada a Ramón Franco Inaugurouse o 1º de maio de 1936 |
Ter dedicado a fonte ao irmán do ditador non librou a Nicanor do presidio. De feito nin o irmán do ditador se librou da represión segundo conta a lenda negra.
D.
Nicanor estivo preso en Lugo, en Monforte e en Celanova. Neste ultimo lugar foi testemuña de paseos nocturnos dos seus
compañeiros de presidio, segundo nos contou o seu neto Florencio de Arboiro.
![]() |
| A parte inferior estaba desfeita e foi Nicanor de Arboiro, na súa época de preso no convento, quen a restaurou. |
Nicanor
salvou a vida grazas a salvar as portas do mosteiro, que estaban en pésimo
estado de conservación. Nicanor artista da madeira e do metal, fixo unha
magnífica restauración que aínda podemos aprezar hoxe nas fermosas portas da
igrexa de San Salvador, o que lle valeu a protección das monxas que se ocupaban dos labores de cociña e enfermería e que lle
encargaban os máis diversos arranxos. Grazas a iso converteuse nun preso protexido.
![]() |
| Hai que atalo. Escultura en bronce de Florencio de Arboiro Fai referencia á enfermidade mental |
O
seu neto Florencio recolleu o legado de Nicanor, aprendeu o oficio da forxa e
converteuse nun artista dos bronces, cun dominio preciso da técnica e unha gran sensibilidade. Pero sendo de moita calidade, as esculturas de
Florencio de Arboiro só representan unha pequena parte da súa obra artistica
e persoal.
Florencio
traballou no taller ocupacional do Sanatorio Mental de Toén, onde realizaba
obras cos enfermos.
| Obra realizada cos enfermos. Pola falta de espazo atopase nunha adega. |
Destaco esta porta, porque esta feita polos enfermos. Colocaron todas as chaves
dun pavillón abandonado sobre unha porta tamén abandonada. A
porta brila como un espello, pero non é capaz de reflexar unha imaxe. As chaves
son funcionais, pero non abren ningunha porta. A obra parece definir a propia enfermidade mental.
| Obra en bronce e madeira. |
Ademais deste magnifico traballo en Toén. Florencio leva varios anos ao rescate das profesións ambulantes extinguidas. Restaurou a casa do avó Nicanor en Arboiro e instalou nela un museo, A CASA DAS RODAS, onde expón máis de 100 rodas de afiar, fotografías de afiadores, cartaces, letreiros…
Tamén
recuperou material dos quincalleiros, ambulantes de pequenos obxectos como
lentes, colares…, dos fuseiros.
| Unha das últimas rodas que mercou Florencio. |
Florencio organiza encontros de afiadores de varios países (Galiza e Italia entre os principais) e é tamén a alma da Asociación Cultural Ben Cho Sei, que recupera e dá a coñecer o mundo do afiador. A Asociación publica anualmente a revista O Naceiro. Todo isto practicamente sen apoio institucional e con moito esforzo propio.
| Florencio de Arboiro |
| Revista o Naceiro |
Video:




Debemos agradecer a Jose Luis Fuentes que nos descubrise a Casa das Rodas, e a Florencio de Arboio.
ResponderEliminarUnha vez mais Jose Luis, grazas polo coñecemento que tes do país.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarMoi interesante o artigo, así como a obra de Florencio de Arboiro
ResponderEliminarhttps://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2009/07/territorio-florencio-la-huella-de-un.html
Eliminarhttps://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2009/07/territorio-florencio-la-huella-de-un.html
ResponderEliminar