Andrés Andrade e Olga Bernárdez Álvarez na tenda fundada por Delfín Álvarez, con pezas de porcelana de descarte da fábrica fundada por Manuel Álvarez |
Ana Mosquera
Hai uns meses, un grupo de
afeccionados á fotografía fomos facer unha sesión de fotos aos restos da enorme
fábrica de porcelana de Santa Clara en Vigo.
Eu non podía deixar de lembrar
todo o que meu avó me tiña contado do fundador e do seu irmán Delfín de quen
falaba con certa familiaridade.
Aquela enorme extensión do complexo, hoxe en ruínas, do barrio de Cabral, enlazaba directamente con Gomesende. De feito á tenda de Gomesende acudían os paisanos e os comerciantes a mercar a louza de descarte das fábricas de Manuel Álvarez e Hijos, algo parecido ao que hoxe chamamos un “outlet”, o que convertía o lugar nun punto obrigado de paso para bastantes comerciantes.
Aquela enorme extensión do complexo, hoxe en ruínas, do barrio de Cabral, enlazaba directamente con Gomesende. De feito á tenda de Gomesende acudían os paisanos e os comerciantes a mercar a louza de descarte das fábricas de Manuel Álvarez e Hijos, algo parecido ao que hoxe chamamos un “outlet”, o que convertía o lugar nun punto obrigado de paso para bastantes comerciantes.
Darsena de transporte das instalacíons de Álvarez en Cabral |
O día de 29 de setembro celébrase
o San Miguel das Uvas Maduras. Era tradicionalmente o día da festa en
Gomesende, polo que decidimos achegarnos a ver se había sorte e atopabamos a
alguén da familia Álvarez.
Acertamos. Xuntábanse máis de 60
persoas, entre descendentes de varias xeracións de Delfín Álvarez e as súas
respectivas parellas.
Casa de Delfín Álvarez en Gomesende |
Andrés Andrade, como el di o
xenro do Julio da tenda, de seguida fixo de anfitrión. Mostrounos con gusto esa
tenda que tantas veces viamos ao pasar e incluso fotografamos desde a fiestra
nalgunha ocasión.
Andrés Andrade, xunto con Olga
Bernárdez Álvarez, recibiron a miña curiosidade con moito cariño e déronme a
oportunidade de poder remexer nos restos da que foi unha das máis importantes
tendas da comarca, durante unha boa parte do século XX.
OS IRMÁNS ÁLVAREZ
Nacidos en Gomesende, Manuel e
Delfín Álvarez tiñan un negocio de madeira en Cuba.
Manuel era moi asmático e pasaba
moito tempo en Gomesende. O calor húmido do Caribe producíalle fortes crises.
Casou cunha mulata chamada Clara e de apelido irlandés, O’Farril.
Dadas estas ausencias, Delfín era
o que levaba boa parte do negocio en Cuba, pero, chegado un momento, decidiu
que el quería voltar definitivamente a casa e que vendía a súa parte.
A empresa cubana foi liquidada e
aquí a vida dos irmáns sepárase, pero non totalmente.
Retrato de Delfín Álvarez |
DELFÍN E GOMESENDE
Delfín, con bo ollo, se pensamos no principio do século XX, monta un completísimo almacén en Gomesende. Para comprender esta decisión temos que entender a importancia deste enclave naquel momento.
Delfín, con bo ollo, se pensamos no principio do século XX, monta un completísimo almacén en Gomesende. Para comprender esta decisión temos que entender a importancia deste enclave naquel momento.
Gomesende, antigo couto episcopal,
contaba coa única farmacia da contorna, con boticarios de verdade, xente
preparada que axudaba co papeleo e evitaba ter que desprazarse a Celanova que quedaba
máis lonxe.
Detalle da casa das boticarias |
A feira do 23 de Gomesende,
durante boa parte do século XX, era un lugar de encontro da zona do Ribeiro e
da Montaña, seguramente tamén do contrabando. Ocupaba desde a tenda de Delfín Álvarez,
no Cruce, até o Noval.
Comerciantes, artesáns e labregos
intercambiaban os seus produtos. Podíanse mercar zapatos e roupa e por suposto
vender o gando. Era o lugar onde se tiraban as fotos, sobre todo en grupo para
gastar menos. Un dos motivos era enviárllelas aos familiares emigrados. Era
tamén un lugar para ir a mocear. Gomesende funcionaba así como unha cidade efémera
que, durante un día ao mes, contaba con todos os servizos.
Foto dos meus avós feita na Feira. |
As feiras máis importantes era as
do 23 de decembro, onde os que podían mercaban o polvo para a noiteboa. Este era
o prato tradicional do nadal montañés de Ourense que xa se perdeu.
A outra era a do 23 de maio, á
que acudían os ribeiraos da Arnoia a venderlle aos veciños da montaña os
produtos para a sementeira de tacos, como cebolas xa nacidas, que era máis
doado adiantar no clima da ribeira.
Non é de estrañar que neste lugar,
onde os labregos vendían só produtos da terra, se celebrase o San Miguel. A
recollida da colleita.
A decisión de Delfín Álvarez de
instalarse en Gomesende foi naquel momento unha decisión segura, que axudou a
prosperidade daquela especie de aldea con fermosas casas burguesas. Unha rareza
digna de mención no rural galego.
A feira foi esmorecendo. A implantación
de varias liñas de autobuses a Celanova desde a fronteira, para cubrir o
contrabando, facilitou a comunicación de moitas localidades coa vila, á que xa se
podía acudir en calquera momento e fixo innecesaria a feira. Pero aquela tenda
que fundou Delfín mantívoa o seu fillo Julio, a rebordar aínda de mercadoría
nos anos oitenta. Pasou a se tenda-bar e o único lugar de encontro.
Como di un paisano nun vídeo de
1988: “Agora está todo moi ben, teño carreteira até a porta, por arriba e por
abaixo, pero se quero falar con alguén teño que vir aquí”.
En 1995 pechou definitivamente a
tenda de Gomesende, as casas burguesas construídas polos comerciantes comezaron
a deteriorarse.
Os herdeiros de Delfín manteñen a
casa petrucial en bo estado e desde hai uns cinco anos xúntanse sempre polo San
Miguel. Onde antes era a festa agora poñen unha carpa
cunha pulpeira, para que as novas xeracións se coñezan entre elas e coñezan as súas raíces.
cunha pulpeira, para que as novas xeracións se coñezan entre elas e coñezan as súas raíces.
COMO UNHA MALA INVERSIÓN LEVOU A MANUEL ÁLVAREZ A FABRICAR PORCELANA
Pero volvamos aos comezos. Manuel Álvarez ao retornar da emigración cubana instalouse con Clara O´Farril e os seus fillos en Vigo.
Manuel Álvarez |
O grande mérito de Manuel Álvarez
está en converter este fracaso no xerme dunha das industrias máis importantes
da Galicia do século XX.
Manuel, para solucionar o
problema financeiro, tiña que desfacerse dos marcos. Así que marcha a Alemaña.
En Silesia gastou todos os marcos en porcelana e así se introduce nese mundo,
primeiro na venda, para despois acabar formándose na elaboración de porcelana e
louza, até conseguir pezas de gran calidade.
En Vigo gústame contar a historia
de Manuel Álvarez e os marcos, que lle oín contar por primeira vez ao meu avó
cun chisco de orgullo, e que en Vigo é unha historia bastante ignorada, igual que
a orixe da familia en Gomesende.
Manuel Álvarez morreu durante a
Guerra Civil. O seu fillo Moisés foi o Director da empresa, e finalmente fixose coa totalidade da propiedade en 1950, tras diversos tratos cos seus irmáns e a nai.
Na dirección e funcionamento
diario da fábrica era Alfredo, fillo de Delfín o encargado real do funcionamento, a pesar de que na práctica non obstentaba ningún cargo nominal.
Gracias polo artigo. O meu avó tamén me ten contado esta historia que tan ben relatas.
ResponderEliminarMoi boa historia. Fíxoseme curta. Impresiona a última das fotografías.
ResponderEliminar