JOSE LUIS FUENTES
Moito
habería que contar desta non fronteira.
Habería que preguntarse con García Mañá (1), tamén eiquí, se xistiu
unha fronteira.
Moito
poderían contar tod@s aquel@s que
fixeron este camiño de ida e volta, e mesmo as pedras que os viron pasar, entre lusco e fusco ou transmutados en
luciñas, que viamos dende lonxe xa moi de noite, de volta, cal Santa Compaña
decorrendo a aba do noso monte mítico “Peneghache”:
o fondo do escenario do teatro das nosas vidas: ¿soños ou realidades?
| Caseta da Garda fronteriza en San Gregorio |
E neste
punto, teriamos que invitar a aqueles voluntariosos, bos e xenerosos, a que
compartan, garantindo a maior discreción posible, memorias que non se deben
perder, que ó cabo vannos dar a entender como eran os nosos devanceiros e a súa
vida, e como somos o que somos.
Por eso tampouco
compre esquecer o que xa dende tempos antigos leva pasado, e nos contaron, e
está escrito. Nós non somos máis ca un anaco do conxunto destas terras a un
lado e outro desa raia (non
fronteira) que algúns persoeiros nun despacho dunha capital pintaron ¡porque sí! (ou ¿por qué non?) nun mapa da nosa terra. Entón estaría ben pasa-la Raia, con outra cita, esta vez popular:
Sí, porque teñen tanto ou máis que dicir. Baste
citar, a modo de mostra, os múltiples traballos do Professor Doutor José Marques exercente que foi na Facultade de
Letras da Universidade do Porto. Como, sin ir máis lonxe, no seu interesante e
ben informado traballo: Relações económicas do Norte de
Portugal com o Reino de Castela no século XV (2), danos
noticias – cito de memoria baseado en
notas tomadas no seu momento; por eso calquera erro ou inesactitude será da
miña exclusiva responsabilidade – das peticións (Verán de 1462) a don Alfonso V, de
Portugal, por parte das poboacións dos dous lados da Raia, suplicando a confirmación dos
antigos privilexios de veciñanza entre as xentes fronteirizas de Entre-Miño e
a Limia, ante a presión dos recadadores de impostos.
| Ponte no planalato de Penegache |
Ou antes (1369), cando varias vilas galegas Tui,
Ourense, Santiago,A coruña, Allariz…, Milmanda tamén entre elas, invitan a
outro rei portugués, don Fernando, a invadir estes territorios baixo o dominio
de Castela …e que lle darían as villas, e
o receberían por senhor… todo por mor de manter un xeito de vida en común.
A asistencia de feirantes ás feiras era común dos dous lados. Nalgún
momento, nas Cortes de Lisboa faise exposición de como os Galegos de Monterrey
e Milmanda e Araujo e outros sitios tiñan o costume de ir á feira de Ponte de
Lima con mercancías, e de volta levaban moito sal e outras cousas. Era libre
o comercio de pan, viño, carnes, pescados, bois, vacas, cabalos, sal e tamén se
mercadeaba con roupas, ouro, plata, moedas…; comercio que se faía por troco básicamente
(estamos no século XV).
As familias casaban fillas e fillos cos do outro lado para así librarse de presión fiscais no intercambio de bens.
| Marco nº 1 que separa a Azoreira galega Alcobaça portuguesa. |
As familias casaban fillas e fillos cos do outro lado para así librarse de presión fiscais no intercambio de bens.
| Cunca para gardar sal en Vilar, Concello de Padrenda Imaxe pertecente ao libro de Eloy de Francisco Historia del Concello de Padrenda |
| Porta Sur do Castelo de Castro Laboreiro |
Así eran as cousas nesa
Inda
queda tempo para que saian cousa da memoria, e do corazón, daqueles bos e
xenerosos dos que falabamos. Cousas nosas e dos nosos daquel outro lado; de
cando gobernos autoritarios falaban de dous países irmáns, ¡e non sabían a verdade que dicían.!
![]() |
| Mámoa en Penagache con relevos e debuxos |
Os
nosos difuntiños de Penegache nada sabían de raias. Eso sí:
deixáronos esas mensaxes ¿indescifrables?¿ será que todos somos uns? nos
fermosos trazos, que baixan e soben e soben e baixa uns cos outros, no interior
das súas tumbas nese moi mal respetado noso primeiro Adro.
Enlace de interese:
Historia da empresa ANPIAN , onde Antonio Piña de forma moi sincera conta a sua biografia e os seus inicios co contrabando.
Notas bibiliograficas:
(1) Miño: ¿existiu unha fronteira?: apuntes históricos, xurídicos e sociolóxicos .(1993, Galaxia)
Historia da empresa ANPIAN , onde Antonio Piña de forma moi sincera conta a sua biografia e os seus inicios co contrabando.
Notas bibiliograficas:
(1) Miño: ¿existiu unha fronteira?: apuntes históricos, xurídicos e sociolóxicos .(1993, Galaxia)
(2) Relações económicas do Norte de Portugal com o Reino de Castela no
século XV/ José Marques.- Braga: Bracara Augusta, 1978.- 54 p.; 24 cm .- Separata de: Revista
Bracara Augusta, Tomo XXXII, fasc.73-74 (85-86)


No hay comentarios:
Publicar un comentario