Ana Mosquera
Carballo de Fraguas cunha rama caida en 2004 |
O topónimo Fraguas, ten relación coas forxas. A aldea debeu orixinarse nun lugar onde se forxaban os metais. Non é de estrañar xa que perto están as
minas do Facho. Estas minas durante o século pasado serviron para extraer wolfran durante os anos da Segunda Guerra Mundial, que se vendia aos alemáns para a industria do armamento.
Cartel no monte de O Facho |
Non é descartable que con anterioridade ao wolfran se extraesen outros minerais ou metais. De feito, a finais dos anos oitenta do século pasado Explosivos Riotinto buscou ouro nestas minas. Non tivo éxito co ouro, e ademais as obras de prospección cambiaron o curso dalgún acuífero. Ouro aparte, hai varias fontes de auga ferruxinosa nas proximidades, o que indica a presenza abundante deste metal, podendo explicar a existencia de fraguas ou forxas na zona.
Fonte de augas ferruxinosas perto de Quintela |
Fraguas pertenceu a Ramiras, como A Mourisca e Xacebáns.
O Catastro de Ensenada, feito entre os anos 1750 e 1754, sitúa Fraguas en Ramirás. A
pertenza a Ramirás supuña, como no caso
de Xacebáns, unha boa comunicación co mosteiro e a existencia de importantes camiños
Mosteiro de Ramirás |
O Lodairo, entre Fraguas e Leirado, debía ser un cruce importante de camiños, pois nos anos da Guerra Civil era un punto de encontro para a recollida das requisas de alimentos que se enviaban aos soldados na fronte.
De Fraguas chamáronme sempre a atención varias
cousas, a primeira é a fermosa casa case en ruínas da familia Estrada, na Alén.
Hai pouco souben que esta casa construíuse grazas a que unha rama da familia Estrada,
a fins do XIX ou principios do XX, trasladouse a Guinea, onde fixo fortuna. Non
é de descartar que este exemplo animase a importante saída de man de obra no
concello de Quintela Leirado para Fernando Poo, unhas décadas despois.
Na parte alta do lugar de Fraguas está a capela de Santa Eufemia, ate hai poucas semanas lucía ao seu lado un carballo centenario. O carballo tivo que ser cortado,, xa que resultaba perigoso ao estar oco por dentro e con podredume.
A
primeira vez que pasei por diante dese Carballo, enseñoumo un veciño
con fachenda. Era 2004 e a arbore xa
estaba esgotada polo peso das ramas. Caera unha ponla e tomei a foto da cabeceira. Casualmente pasei por Fraguas poucos días despois da tala do carballo e
aínda se sentía no lugar a súa perda como a perda dun veciño querido.
O Carballo estaba ao lado da capela de Santa
Eufemia.
Restos do carballo centenario |
Santa Eufemia-Museo de Ourense Procedente dun cruceiro de Mariñamansa |
A historia de Santa Eufemia, resulta do máis
interesante. Escollín para contar aquí a lenda recollida polo bispo ourensán Juan Muñoz de la Cueva ( 1717- 1728), que
afirma que é unha santa galega, diferente da Santa Eufemia de Calcedonia.
Segundo o bispo, a nosa Santa Eufemia tería
nacido en Baiona, onde sufriu persecución a causa da sua fe cristián.
Escapou de Baiona e agachouse nalgún lugar da serra do Xurés, onde fixo vida anacoreta, pero foi descuberta, capturada, martirizada e finalmente arroxada por un barranco perto da cibda romana perdida de Obobriga, na serra do Xurés, entre os ríos Caldo e Limia. Isto tería ocorrido en tempos do emperador romano Adriano (Século II).
Escapou de Baiona e agachouse nalgún lugar da serra do Xurés, onde fixo vida anacoreta, pero foi descuberta, capturada, martirizada e finalmente arroxada por un barranco perto da cibda romana perdida de Obobriga, na serra do Xurés, entre os ríos Caldo e Limia. Isto tería ocorrido en tempos do emperador romano Adriano (Século II).
O seu corpo permaneceu máis de oitocentos anos no lugar
onde foi despenada, ate que unha labrega atopou no
lugar de Campelo, en Lobios, unha man da santa saíndo da terra cun anel. Á moza gostoulle o anel e colleuno para si. Ao retirar o anel e poñelo no seu dedo, a moza
quedou sen fala. Despois comezou a sentir unha voz que lle mandaba voltar o anel á santa. Ao colocar o anel novamente na man da santa, a moza recuperou a voz. Con motivo
da milagre produciuse o primeiro traslado do corpo á capela de Santa Mariña de Augas Santas. Despois sería levado á catedral de Ourense, xa que ese foi o camiño que tomaron os bois.
Na catedral de Ourense están os osos atribuidos á santa. Tamén atopamos numerosos santuarios na provincia adicados á santa galega: unha parroquia na capital da provincia, templos en Ambía, en Milmanda, Lobeira, A Mezquita e este de Fraguas.
Santa Eufemia e os seus milagres as veces veñen
ligados coa auga, coa fertilidade e coa agricultura. Temos varias fontes santas
próximas aos seus santuarios.
E, como non, a tradición popular galega introduciu á Santa na agricultura, así o recolle Xaquín Lourenzo:
"San Isidro Labrador,
que anda arando no campo;
a santa Eufemia bendita
vaille de diante do gando."
Da gusto estar con vós de novo, viciños:
ResponderEliminarA ver, unha areíña parafacer montón:
O carballo de Fraguas, testigo de tempos, leva oco moitos anos, xa sabemos. O caso é que nunha ocasión o David de Fraguas, David Vázquez, o tío do meu primo Cholo da pousa, q.e.p.d. os dous, que era cazador, contaba que dunha vez o seu can volvíase tolo ó pé do carballo, e que por dentro subía e baixaba sin parar unha especie de gato cun rabo moi longo que eu entendín que era unha xineta. jlf-forxán