As terras de Penegache son terras de fronteira, camiños que cruzan os montes do Leboreiro e que foron territorio
salvaxe de lobos, lugares onde se libraron batallas.
Nestas terras movíanse as faccións carlistas do presbítero
D. Calixto e as de Salinas; agachadas en Castro Leboreiro, nos anos 1873 e 1874.
O contrabando cos seus riscos foi un medio de vida, ás veces perigoso, que
abarcou un amplo perírodo da nosa historia. Durante a guerra civil houbo homes que
desertaron e viviron en Castro Leboreiro, grazas ás amizades forxadas no
contrabando, e regresaban algunhas noites a ver as súas mulleres.
Hoxe imos contar unha historia pouco coñecida desta
fronteira: a fuxida de Afranio de Amaral de noite a través da serra de
Penegache.
Hai anos lin un libro autobiográfico de Antón AlonsoRíos, titulado O siñor Afranio, ou como me librei das gadoupas da morte.
O Siñor Afranio é un criado que leva nesa profesión exactamente
desde o 26 de xullo de 1936. En 1939 fuxe desde Cartelle cara a Monte Redondo, para marchar a Portugal. Antes pasa -segundo
el mesmo relata- por Gomesende e Quintela de Leirado, “onde se lle fai noite
pecha”.
Ponte dos carros |
Sería lóxico que chegase a Quintela segundo a sua narración polo camiño medieval de Abellás para logo ter cruzado na ponte de Quintela. Por
aqueles tempos aínda se conservaba a ponte antiga, da que non hai estudos, pero
da que se pensa que podía estar sobre unha ponte romana (Quintela e os romanos
serán tema para outro día). Tamén puido cruzar o Deva na Ponte dos Carros, entre
Fondóns e Mociños. Parece que finalmente non chegou a Monte Redondo, e ainda que el parece non telo moi claro debeu cruzar a fronteira por un lugar do Concello de Quintela de Leirado. Hai un par de pasos neste concello que conducen ao camiño de Rodeiro.
camiño vello de Abellás |
Literalmente Alonso Ríos sigue así “…fun dar cun regato coa orela mecha de silveiras. Camiñei ao longo del, mais non atopaba a maneira de furar por entre as silvas e meterme a atravesalo (…). E xa posto a furar fose como fose, inda que esgazara a roupa e o pelexo, camiñei un pouco máis abaixo e alí por sorte atopei a orela sen silvas e uns poucos pasos naturais (…).
Cando
pisei terra vin que por un carreiriño que corría ao borde dunha ribada viñan
seis homes, cada un cunha peza de tea ás costas.
Baixaron
da ribada, e o primeiro chegou cara a min e parouse. Os outros fixeron o mesmo,
e quedaron os seis en fileira e calados
todos. Eu seguín camiñando.
-Boas
noites- díxenlles.
Eles
responderon o mesmo.
Novo
silencio. Entón dinlles a entender que por min non había caso, dicíndolles:
-Que
haxa sorte.
-É o
que nos cómpre a todos- respostaron.E botaron a camiñar, choutando de penedo en penedo como fixera eu, máis en dirección oposta. De certo eran contrabandistas. Comprendín que o meu camiño era o axeitado.
calzada cara os Mociños e as Chedas |
Aquela
noite andei até ben tarde. Durmín unhas horas nunha chousa
Finalmente
Afranio chega á branda de Rodeiro (Fegresía de Castro Leboreiro) e segue cara á
Peneda. Despois de pasar diversas visicitudes chega a Arcos de Valdevez, agache nunha cova e finalmente chega a costa e consegue finalmente embarcar
cara Casa Branca e desde aló chegar a Bos Aires.
Debeu existir unha certa convivencia e mesmo colaboración entre contrabandistas e escapados. A novela de Manuel Tiago (pseudónimo de Álvaro Cunhal), levada ao cine, relata a convivencia dun contrabandista e un fuxido portugués perseguido pola xustiza.
Debeu existir unha certa convivencia e mesmo colaboración entre contrabandistas e escapados. A novela de Manuel Tiago (pseudónimo de Álvaro Cunhal), levada ao cine, relata a convivencia dun contrabandista e un fuxido portugués perseguido pola xustiza.
Pero ¿quen
era Afranio de Amaral, en realidade? Afranio de Amaral era un naturalista
brasileiro, pero o noso Afranio, o que fuxiu pola serra de Penegache, era Antón
Alonso Ríos, deputado do partido galeguista durante a Segunda República e
membro, xunto con Castelao, do Consello Galego no exilio.
Antón Alonso Ríos |
Naceu en 1887 en Silleda. A pesar de
ser mestre, emigrou a Bos Aires en 1908, onde chegou a director da Sociedade Científica
Arxentina. Preocupado pola ensinanza en Galicia, Alonso Ríos
participou nunha das numerosas asociacións galegas de Bos Aires que
tiñan como fins a modernización da súa terra “hijos de Silleda”, promovendo a
construción de escolas.
Escola El Povenir de Tomiño |
En 1931 Alonso Ríos trasladouse a
Tomiño como director da escola “El Porvenir”. Desde o comezo da guerra, fíxose pasar por
pobre de pedir. Estivo en varias casas de criado, e finalmente fuxiu pola serra
de Penegache, vindo desde Cartelle e pasou noite nunha chousa. Aquí temos unha.
Esta está entre as Lamas da Basteira e a Torriña. As pedras sostéñense
equilibradas. Non ten ningún tipo de argamasa.
No fondo parécese ás mámoas que construían os nosos antepasados no mesmo
monte. Nunca saberemos se a chousa de Alonso Ríos aínda está en pé nestas
montañas.
Chousa perto de As Chedas |
No hay comentarios:
Publicar un comentario