Ana Mosquera
Nesta entrada de Á SOMBRA DO PENEGACHE imos falar da obra de Xulio Fontes, un veciño
de Quintela de Leirado, que xa apuntaba maneiras cando de pequeno no lugar de Forxán debuxaba a fonte e outras paisaxes que tiña a súa beira.
corredor da sua casa de Vigo |
Xulio nesta obra evoca Quintela de Leirado, a
intrahistoria do lugar, sempre co Penegache de preto, vixiando e guiando a
ramboia. Un Penegache sempre xeneroso, con caza, pasto ou contrabando e
igualmente sempre perigoso, lobos, frío, medo, pistolas...
Pero Xulio tamén nos mostra escenas do mar e das
montañas que ve desde a súa casa de Vigo.
Non vou falar máis deste libro xa que o vou facer o
próximo día 4 de agosto na casa dos poetas, en Celanova, acompañando a Xulio.
Sobre a traxectoria de Xulio podemos dicir moitas
cousas. Comezou de ben pequeno gañando
concursos de debuxo. Logo a súa presenza en Santander e San Sebastián, así como
o coñecemento da obra de Gaudí, marcaron a súa traxectoria artística.
Fermosa MATERNIDADE que será doada ao Concello de Quintela de Leirado |
Participou en
numerosas exposicións individuais e colectivas. Destaca o catálogo da exposición itinerante “Os nosos
artistas”, organizada pola Consellaría de Cultura no 2005, onde Xulio
participou con 24 obras.
No ano 2002, levou a cabo unha intervención artística
singular pintando os postes da luz no seu Leirado natal. O feito foi recollido
amplamente nos medios de comunicación, e Leirado foi durante un tempo coñecido
por ser o lugar de Ourense que tiña os postes eléctricos pintados con arte.Como dixo o escritor Méndez Ferrín, Xulio encheu o
panorama da súa localidade nativa cunha festa de matices.
Os postes teñen o seu ritmo. Xulio aproveita as estruturas monótonas e repetitivas de formigón para dar lugar a obras singulares e diferentes, como singulares e diferentes son os nomes que lle dá a cada poste, e que para calquera veciño de Leirado resultan perfectamente recoñecíbeis: Cerdeiriños, levada de Bangueses, día oito, Atainde, Forxan, Xacebáns, Fondóns…
Outra taboa que tamén se poderá ver no Concello de Quintela de Leirado |
Os postes teñen o seu ritmo. Xulio aproveita as estruturas monótonas e repetitivas de formigón para dar lugar a obras singulares e diferentes, como singulares e diferentes son os nomes que lle dá a cada poste, e que para calquera veciño de Leirado resultan perfectamente recoñecíbeis: Cerdeiriños, levada de Bangueses, día oito, Atainde, Forxan, Xacebáns, Fondóns…
Esta obra, como toda a obra de Xulio, non é froito
dunha frivolidade ou dunha ocorrencia. Nela hai unha denuncia implícita.
Ao fixarnos no ritmo e na plasticidade dos postes reparamos
en algo que nos pasara desapercibido a longo dos anos: A cantidade de postes, cables e tendidos que
sen ningunha organización foron colonizando as nosas aldeas. Para traernos comodidades necesarias? Sen lugar a
dúbidas.
Pero estes tendidos, ao contrario dos debuxos dos postes, non contan co sentido da harmonía. Foron pensados cunha certa presa e, o peor de todo, algúns deles están en lugares moi pouco axeitados
Pero estes tendidos, ao contrario dos debuxos dos postes, non contan co sentido da harmonía. Foron pensados cunha certa presa e, o peor de todo, algúns deles están en lugares moi pouco axeitados
No hay comentarios:
Publicar un comentario