Ana Mosquera
Os Santalices
Din que todos os Santalices son orixinarios de Vilanova dos Infantes, non obstante Faustino Santalices Pérez, (16/11/1877-6/12/1960), pai, o músico que inspirou a Milladoiro, naceu na Granxa, en Bande.
Esta familia, os Santalices de Bande, deixáronnos importantes descubrimentos en mundos tan diferentes como a música, a medicina oftalmolóxica e a cirurxía do ollo. Neste último campo, Faustino Santalices Muñiz (1923-2010), o fillo, destacou cos seus inventos.
![]() |
Faustino Santalices pai, á gaita, o fillo co tambor. |
Na casa das rodas, museo do afiador, de Florencio de Arboiro na que falamos noutra entrada, descubrimos un material de afiador moi especial: o material quirúrxico do médico-afiador Faustino Santalices.
Non puiden resistirme a mencionar a estes veciños da raia.
Santalices pai recuperou a zanfona para a música popular galega, instrumento que estaba case extinguido e só era utilizado nos cantares de cego.
![]() |
Faustino Santalices pai, coa zanfona. |
Ademais de ser un gran músico, estudou dereito e mantivo amizade co poeta Ramón Cabanillas. O grupo musical Milladoiro recuperou unha peza de Santalices, o “Alalá das Mariñas”, unha das pezas máis coñecidas de Milladoiro que enlazamos a continuación:
En 1947 Faustino Santalices pai trasládase a Madrid como Secretario do Instituto Oftálmico Nacional. Alí coloca no soto do edificio, na rúa General Goded, nº 17, o seu taller de construción de gaitas e instrumentos.
Fotografia estraida de O NACEIRO |
Nos anos da autarquía resultaba complexo enviar ao estranxeiro o material quirúrxico para o seu afiado.
Faustino Santalices, fillo no seu taller de afiado de material quirurxico. |
Isto e a morte do Sr. Coronado, a única persoa capacitada para realizar o afiado do material oftalmolóxico, fai que as monxas do Instituto Oftalmolóxico Nacional lle pidan a Santalices pai que intente o afiado do material quirúrxico. Elas coñecían o taller do soto e tiñan visto a súa facilidade co afiado. Santalices pai non será capaz de afiar este delicado material. Pero si o seu fillo, o médico afiador Faustino Santalices. Este oftalmólogo ciruxán, procedente de Bande, fixo a súa tese de doutoramento sobre o afiado de instrumental médico. E, cousas que pasan, rexeitáronlla dúas veces por entender que non tiña relación coa medicina, senón coa enxeñería.
![]() |
Ventosa para extraer cataratas diseñada por Faustino fillo. Supuxo unha gran innovación na operación desta doenza. |
Co tempo, o médico afiador Faustino Santalices pasou a ser o afiador do material quirúrxico das máis prestixiosas clínicas oftalmolóxicas do Estado, como Barraquer, pero nunca perdeu o gusto pola música tradicional galega que o seu pai lle transmitiu.
Faustino Santalices Muñiz deiuxounos o 9 de maio de 2010. Antes de morrer gravou este programa na TVG adicado ao seu pai.
Faustino Santalices Muñiz deiuxounos o 9 de maio de 2010. Antes de morrer gravou este programa na TVG adicado ao seu pai.
No hay comentarios:
Publicar un comentario