sábado, 23 de diciembre de 2017
sábado, 29 de julio de 2017
Xacebáns. Entre a sombra de Penegache e a do Mosteiro de Ramirás
Ana Mosquera
No planalto houbo "vivendas de verán" até non hai demasiado. Diso quedan as brandas e os chouzos, sobre todo na zona de Crasto, ou Castro Laboreiro.
A nosa memoria inconsciente venera a montaña por algo trasmitido a través de moitas xeracións.
Xacebans foi “refundado”, se se permite a expresión, polas monxas de Ramirás, no 1240, a Ona
(nai superiora) Maria Fernandi, concedeulle
carta e foro no lugar de Xacebáns (Iacebanes), a nove familias, para que
poboasen, plantasen, coidasen e pagasen ao seu celeiro
de Fraguas, a parte correspondente por dita cesión. Así consta no Tombo de Ramirás. Hai concesions puntuais en Xacebans, concretamente en 1266, pola propia Ona Maria Fernández a Fernándo Pérez e á súa dona.
Xacebáns xa existía en 1240. Ademais de que se se cita como lugar, tamén se cita no Tombo de Celanova, nun documento datado entre o 1044 e o 1047. Mais, nese momento debía estar prácticamente abandonado.
Hoxe hai unha casa común para os vellos no que algún tempo foi escola. É o sino.
Despois de darlle mil voltas non conseguín sacar ningún significado do debuxo. Un amigo, Xulio Medela, que é máis poeta do que pensa, deume unha curiosa idea. Un "exvoto". O propietario debuxaríao como promesa por sobrevivir a un naufraxio. Un naufraxio no pé do Penegache! Puro realismo máxico. Non puiden resistirme a compartir esta idea, que até podería ser verídica.
| Manolo Pavero- Parede do Forno Comunal |
| Hai anos oínlle a unha veciña que había pegadas nas pedras que demostraban que a virxe María e o neno Xesús deran unha zancada no Lodairo, no val do Deva, e a outra no Penegache. |
| Delicadeza no traballo da pedra. |
Parece unha lenda fundacional.
A nosa estirpe baixou non hai tanto das montañas de Penegache. A abundancia das mámoas e dolméns e outros monumentos megalíticos, que converten o Planalto de Penegache nun dos lugares de riqueza prehistórica máis interesante da península, dan fe dunha intensa vida desde tempos remotos.
A nosa estirpe baixou non hai tanto das montañas de Penegache. A abundancia das mámoas e dolméns e outros monumentos megalíticos, que converten o Planalto de Penegache nun dos lugares de riqueza prehistórica máis interesante da península, dan fe dunha intensa vida desde tempos remotos.
No planalto houbo "vivendas de verán" até non hai demasiado. Diso quedan as brandas e os chouzos, sobre todo na zona de Crasto, ou Castro Laboreiro.
A nosa memoria inconsciente venera a montaña por algo trasmitido a través de moitas xeracións.
Desde Quintela de Leirado, os gardiáns do Penegache son
os veciños de Xacebáns, seguramente descendentes, coma nós, daqueles cazadores da
serra.
Xacebáns xa existía en 1240. Ademais de que se se cita como lugar, tamén se cita no Tombo de Celanova, nun documento datado entre o 1044 e o 1047. Mais, nese momento debía estar prácticamente abandonado.
| Xacebans desde As Millariñas. Penegache a dereita. A Luz xa chegou. |
Ás monxas de
Ramirás tiñan interese en asentar poboación no lugar, para parar a crecente
influencia de Celanova? Para evitar o paganismo que aínda subsistía nas
montañas?
A nós, hoxe, pode parecernos caprichosa a
condición desta carta, na que se manda aos seus vasalos ”elixir” sepultura no
mosteiro de Ramirás e non en ningún outro lugar. O que supón un autentico trastorno para os
enterramentos, ao ter que desprazarse ao Mosteiro de Ramirás. Debemos ter en
conta que “teoricamente” esta situación mantívose até a creación da parroquia
de Santiago de Xacebáns, xa a primeiros do século XX. Había unha calzada de pedra, algúns tramos consérvanse, que unía
Xacebáns e Ramirás.
| Algúns dos cruceiros do lugar. |
Estivemos observando o viacruce e non descartamos a
idea de que algunhas das cruces que aparecen esparexidas por todo Xacebáns fosen
recollidas daquel camiño e recolocadas no lugar, unha vez xa tivo parroquia.
Atopamos dúas posibles explicacións que xustificarian
a esixencia das monxas de Ramirás á hora de enterrar no seu mosteiro:
A primeira, podería deberse a que, na Idade Media, os
enterramentos aínda se realizasen na montaña. Estaba máis ou menos perto, e non
sobraban os camposantos que por outra parte non eran salubres.
| Mosteiro de Ramirás. Onde se enterraban os de Xacebáns |
En toda a Serra do Leboreiro existe unha lenda, moi
común en certas culturas, na que os vellos eran levados a morrer á montaña. Isto, máis que ser visto como unha crueldade, debe ser entendido desde un sentido case
panteista, de volta ás orixes, aos orixes da terra. Sería o noso mito
fundacional?
| Parroquia de Santiago de Xacebáns |
A outra explicación resulta máis pragmática. O mosteiro de Ramirás era de Monxas de clausura e como tales non podían
saír do Mosteiro a controlar os seus negocios. Ao desprazarse cos defuntos a Ramirás mantiñan unha relación directa co Mosteiro que presumiblemente lles permitía actualizar de forma directa certos datos, como o cobro da loitosa (dereitos que pagaban os sucesores do morto, por continuar cos bens aforados).
Vivir ao pé do Penegache
O home da foto de portada chamase Manolo "Pavero", non se pode ter máis vivacidade na cara, a súa foto está no Forno. Para os que non coñezan Xacebáns, o forno, antigo forno comunal de cocer o pan, é hoxe o lugar de encontro dos veciños. Penso que a expresion de Manolo Pavero representa o espírito desta aldea, optimista, traballador, con moita retranca, capacidade para levantarse da desgracia propia. Pero neste lugar tamén houbo un eremita serodio, do século XX, José, que quixo volver á montaña, fixo unha casa, no pé do Penegache “cando non había nin pista”, da que din que aínda queda algunha parede. A terra chama!
| Cruce de Pistas. Cara Penegache ou cara As Chedas |
Hoxe hai unha casa común para os vellos no que algún tempo foi escola. É o sino.
Pero, na parte máis alta do lugar atopamos esta casa en ruínas que me parece unha fantasía de conto.
| Un barco no pé do Penegache. Esta casa en ruínas paréceme unha fantasía de conto. |
Despois de darlle mil voltas non conseguín sacar ningún significado do debuxo. Un amigo, Xulio Medela, que é máis poeta do que pensa, deume unha curiosa idea. Un "exvoto". O propietario debuxaríao como promesa por sobrevivir a un naufraxio. Un naufraxio no pé do Penegache! Puro realismo máxico. Non puiden resistirme a compartir esta idea, que até podería ser verídica.
| Orgullo da terra! Bisneto do canteiro que esculpiu a cruz de Penegache |
domingo, 28 de mayo de 2017
MISTERIOS POLICIAIS NO PLANALTO ARRAIANO. X. BENITO REZA PREMIO LOSADA DIEGUEZ 2018
Xosé Benito Reza, natural de Celanova, e un dos
mellores coñecedores do Penegache, acaba de publicar a súa primeira novela
Terradentro.
O título é unha declaración de intencións que
agradecemos. Nunha Galicia na que volcaron a demografía cara o mar, é
hora de mirar a ese interior.
Trátase dunha novela de xénero policial. O protagonista das pescudas é un avogado da vila, Xosé Rial, un pouco raposote, que se chama así mesmo retranqueiramente avogado das silveiras, e se mofa dos veciños ricos que pagan letrados de postín na capital da provincia.
A novela consta de tres partes nas que se resolven
tres misterios e unha especie de epilogo. Non imos facer spoiler, pero si imos
dicir onde se desenvolven os misterios:
O primeiro misterio transcorre nunha casa de indiano, “O
asasinato do vello Esteban”. Introdúcenos nas personaxes principais, o avogado
Rial, o capitán Flores, e o ambiente vilego de posguerra.
| Galeria da Praza Maior de Celanova |
O segundo, “A casa
grande de Ademourán”, transcorre
nunha casa grande que el sitúa en Remuiños, Cimadevila, nun lugar próximo ás
mámoas. Neste relato, o xénero policial
convive coa realidade do campo, coas crenzas panteístas e cos misterios
das mámoas. O “Ciprianillo”, libro de bruxería, debeu estar de moda na primeira
metade dos século XX na comarca, entre os
buscadores de tesouros.
Aínda que a Casa Grande de Ademourán está situada en
realidade noutro lugar, si que existe un lugar que se chama Redemuiños onde os
cazadores de tesouros fixeron desastres, até mediados do século pasado, e onde
temos constancia oral de conxuros no alto de Santa Cruz para escorrentar o
trono. Quen sabe se o pai do autor avogado de profesión non levou algún segredo
con el a tumba.
| Penegache a Cruz e o poste xeodesico, a relixión e a ciencia. |
Luís Axeitos, na casa dos Poetas en Celanova, dicía
con acerto que Benito Reza galeguizou o xénero policial, levándoo de forma
espontánea ao planalto. O misterio ocorre na alta chaira da raia e finaliza nas
mámoas, o autor despístanos cos topónimos, e lévanos de paseo por toda esa
máxica meseta que nos une con Portugal.
O terceiro relato, “O can do Alcalde”, ten, como non, unha
dobre lectura no seu título.
Arredor do acontecido coa cadeliña do alcalde, o autor
introdúcenos na outra vida vilega. A de aqueles que viven de portas adentro. Coma
se dunha homenaxe a Taberna do Galo se tratase. E aproveitando este enigma o autor
realiza un retrato das máis variopintas personaxes.
Fálanos da
Xuntanza das Mocidades Galeguistas en Celanova.
Até alí viñeran a falar Castelao e Otero Pedrayo. Do semanario Adiante,
creado polas mocidades galeguistas entre as que se atopaba o procurador Celso
(Emilio Ferreiro) , personaxe do libro.
Desfilan tamén,un médico republicano «o (Meixengo?) ,
contrabandistas, monárquicos, mendigos, toliños, taberneiras…
| Pintada "Adiante Semanario", realizada antes da guerra polas Mocidades Galeguistas entre outros Celso Emilio que ainda se respeta. |
| Grafiti moderno na vila en lembranza do vello "Adiante Semanario" |
O libro remata cunha especie de epílogo titulado Terradentro.
Trátase dunha biografía do protagonista e da terra, unha promesa, promesa que
facemos moitas veces todos os que estamos exiliados na cidade do sol de poñente:
“A pouco detívenme para botar unha última ollada ao
val, ao meu mundo,do que a penas quedaba nada, do que contan que nos próximos
dez anos vai perder a cuarta parte da poboación, e dexerguei unhas letras que
fixera a miña nena cunhas pedriñas de seixo, unha palabra que non era unha despedida,
senón un desafío: «VOLVEREMOS» (…) E seguimos cara a cidade do sol de poñente,
cara os portos grises onde o tempo será forxado de novo”.
| Volveremos!!! |
Etiquetas:
AXEITOS,
NOVELA POLICIACA,
o interior de Galicia,
TERRADENTRO,
XOSÉ BENITO REZA
jueves, 4 de mayo de 2017
O VERÁN QUE APRENDEMOS INGLÉS NA ALDEA
Aos que están lonxe.
A Xosé Manuel de Fraguas que amaba o Penegache.
A miña primeira amiga de infancia chamábase Celsita.
Os seus pais marcharan ao Canadá e vivía no fondo do lugar. O meu pai estaba en
Venezuela. Celsita é un ano e medio
escaso máis vella ca min. Ten tres irmáns pequenos, Manola, criouse en Fondóns
coma nós. Tera en Quintela, Xulio en Canadá.
![]() |
| Arriba dentro da discoteca Nova 76 de Celanova. Abaixo Caixa de Rexistro na actualidade. |
Despois eles agrupáronse en Toronto. Eu marchei a
Caracas. Volvemos todos a Vigo, pasamos veráns xuntos en Fondóns na puberdade.
Eles marcharon a Toronto de novo. A miña prima veu de Caracas. A miña prima
volveu marchar.
Aquel verán de 1988, Celsa, Tera, Manola e Xulio,
viñeron a pasar todo o verán. A miña prima levaba anos instalada en Vigo.
Celso, Rosa, Joselito… sempre nós.
Polas tardes, a unha poza acondicionada como piscina,
chagaban outros amigos. Xosé Manuel de Fraguas tiña paixón polo Penegache. Nós aínda
éramos moi novos para entender a montaña, pero parte do meu entusiasmo polo
planalto transmitiumo Xosé Manuel naquelas tardes.
Na piscina falábase indistintamente galego, castelán e
inglés, aínda que tamén había quen falaba en alemán e francés. Ao principio do
verán só os de Canadá e un retornado de Atlanta se manexaban en Inglés. Eu
pronto comecei a usar o meu pésimo inglés de colexio de monxas con Celsa, como
lingua secreta diante dos mozos que nos gustaban, algo que uns anos antes xa facía
con Espe, outra amiga criada en Canadá que finalmente tamén marchou a Toronto
cos seus pais
![]() |
| Celsa en 1988 |
Cando me din conta podía comprender as disputas entre
os catro irmáns e incluso traducilas. Nunca se me ocorreu que a inmersión no
inglés podía vir a Fondóns. Cando conto isto sempre percibo alguén que ri,
incrédulo. Pero nas aldeas de Galicia sempre se falaron varias linguas
estranxeiras.
Todos os veráns de aldea tiñan unha última festa de
despedida. En Leirado era a da nosa
parroquia. O día 8 de setembro.
Fomos conscientes de que se acababa aquel verán, de
que nos faciamos maiores, e de que se acababa aquel mundo que tanto queriamos. Para
min foi o último verán na aldea.
Na véspera da festa fixemos unha queimada, que é como
se chamaban antes os botellóns. Unha
pequena pota de queimada e varios caldeiros da tenda con botellas de xenebra e Kas
de limón ou coca cola.
Un estudante de medicina deliberaba a berros sobre a
eficiencia das vitaminas do grupo B en caso de coma etílico. Eu bebía e
charlaba feliz en compañía do meu amor de xuventude. Ese foi tamén o derradeiro
coqueteo xuvenil que tivemos.
Celsa marchou uns días despois. Choramos xuntas cun
relato de Castelao no que dous mariñeiros, un que fala inglés e outro que fala
francés, nun porto lonxano do norte e despois de emborracharse, saen cantando
“lanchiña que vas en vela…”, mentres pola faciana do taberneiro cae unha bágoa ao
tempo que canta polo baixo: “lanchiña que vas en vela…”. Aquilo era un resumo
da nosa vida. Celsa levouse “Cousas”.
Máis ou menos todos foron índose, uns máis perto,
outros máis lonxe.
Nunca máis nos volvemos xuntar fisicamente.
Xose Luis Rivera traballou en Vigo nunha cafetería,
até que se foi para unha granxa. Hai máis de vinte e cinco anos que non o vexo.
| Fondóns |
Xosé Manuel de Fraguas non soportou que aquel mundo
que tanto quería se esborrallase. O seu corpo deixounos en novembro.
O Facebook e a internet permítennos volver a reunir aos
superviventes daquel grupo. Aquel modo de vida xa non existe. A piscina de
Joselito tampouco, pero hai unhas piscinas mellores. E podemos aprender de José
Manuel de Fraguas a descifrar os misterios da montaña, visitar a vila de
Celanova ou Milmanda… Desde este blog faremos todo o posíbel para darvos razóns
para volver a estas terras.
viernes, 23 de diciembre de 2016
AQUILO QUE NOS UNE. BO NADAL
![]() |
| Escola de dona Rosita. |
Manuel Veiga Taboada
Antigamente non se falaba de cantos habitantes tiña un lugar, senón de cantos "lumes" había. Un lume representaba un fogar, calor e unha pota a quentar algo comestíbel nunha lareira.
Cando eu era neno falábase de "veciños". O lugar tiña tantos veciños.
A palabra veciños, igual que a palabra lume, non se refería a persoas, senón a familias.
O importante, entón, non era o individuo, senón a familia.
A familia reunía non só a avós, fillos e netos, senón tamén, ás veces, a tíos ou tías que quedaran solteiros e se cadra a algunha vella criada ou a algún veciño que non tiña a ninguén. Carecer de familia era a maior desgraza. Quen che ía axudar no traballo e quen che ía dar amparo de maior, senón había residencias nin seguridade social.
En tempos de crise a familia volve a ter importancia. A familia só se rompe cando o individuo se ve obrigado a "ir polo mundo". E, aínda así, non se rompe de todo, quedan as cartas, agora o facebook.
O Nadal ten tanta forza precisamente porque nos fala da familia, coas súas discusións, pero tamén coa reunión, tan sequera por un día ou unhas horas, das pezas separadas ou distantes.
O Nadal une a familia e recúbrea da conciencia que nos deu sentido ao longo dos séculos: o cristianismo. A familia dáballe apoio aos individuos, garantía a reprodución, pero a Igrexa dábanos significado, eramos todos humanos aos ollos de Deus.
| Maternidade de Xulio Fontes |
Familia e cristianismo, de aí vimos e aínda estamos aí. Os galegos tivemos o reino suevo e os suevos convertéronse deseguida ao catolicismo. Os visigodos, en cambio, tardaron dous séculos máis en abandonar a súa relixión, o arrianismo, e en abrazar a doutrina católica. É dicir, que, se quixesemos, os galegos poderiamos, dicirlle aos casteláns que nós somos católicos vellos. Temos douscentos anos máis de catolicismo ca eles.
Pero se a familia segue tendo forza, o cristianismo xa non conserva tanta. Hai quen o vive con máis intensidade e quen o vive con menos e hai moitos tamén que só o consideran parte da nosa cultura.
Pero nós, nesta terra, temos outra referencia que nos une: as montañas. O Penegache e a serra. As montañas non nos piden nada nin nos obrigan a nada. Con elas somos máis libres. A nós gústanos ese vínculo coa montaña, porque é onde podemos deixar voar a nosa imaxinación.
| Manuel Veiga no Planalto de Penegache preto do marco 21. |
As montañas levan aí máis tempo ca ninguén. Hai nelas enterramentos dos nosos antepasados, as mámoas. As montañas seguirán aí por moito tempo.
Hoxe non sabemos se algún descendente noso quedará por estas terras para miralas e ter os mesmos pensamentos. Gústanos pensar que si, que alguén quedará. Talvez, dentro dalgún tempo, o concello poña un drone a voar sobre os cotos máis altos e un neno de Australia ou Canadá, nunha noite desas nas que non é capaz de durmir, verá como os seus pais lle poñen na pantalla, en tempo real, as imaxes do drone que sobrevoa o Penegache e ese neno ou nena, que fala inglés, verá o monte con máis perspectiva e máis claridade que ningún dos seus antepasados de hai dous mil ou tres mil anos. E quizais, algo máis tarde, coa súa muller e os seus fillos, veña aquí, e quizais lle guste e faga unha casa e... a vida nestas terras comece de novo.
miércoles, 26 de octubre de 2016
O CANASTRIÑO DAS ÁNIMAS
Jose Luis Fuentes
Case estamos en Santos, tempo de Defuntos. E asocio estes dous
termos porque, para min, o mesmo dá. Para nós, os galegos, que non esquecemos a
diario, que lembramos a cotío ás nosas xentes que foron, quen son vivos
connosco, eles son os “santos” que pelegrinaron nesa Santa Compaña de Vivos que
é, ou debería ser,a vida.
Pensó nesto a conto de que hai días decíame Ana que caíra o Canastriño.
Confirmábamo despois o meu irmán Xulio acompañado dunha foto que lle remitía
Benita, de Forxán. Parece ser que o tirou un coche sin freos. Cousas duns
tempos que non imaxinaban os que o levantaron de primeiras…
![]() |
| Canastriño antes do accidente Foto: Jose Luis Fuentes. |
![]() |
| Restos do Canastriño. Foto cedida por Jose Luis Pérez Rivera. |
O Canastriño das Ánimas. A razón do seu ser é que nin na
derradeira das nosas horas somos iguais. Así, entón, estaba tamén a Irmandade
das Ánimas. O Canastriño recollía donativos, espigas de millo, e a Irmandade
xestionaba axudas para defuntos e culto. Porque nin na derradeira viaxe
aparentamos o mesmo.
E véñenme recordos doutros tempos vividos uns, oídos ou
lidos outros. Coma cando, a piques de cruzarme cun enterro, una viciña me
recadou na súa casa; seica a ánima do defunto podía apropiarse da dun neno se o
atopaba ó seu paso. Ou aquela outra vez que ó sacar o defunto da casa, a viúva
sae á porta e dille nun tono sentido e profundo: adeus, ¡amigo!
l![]() |
| Canastriño nos anos sesenta. Foto de Jose Luis Fuentes. |
Contan que no enterro, alá polo século XIX, de Manuela
Feixóo e Arauxo dende Forxán ata a Costiña non se vían máis ca curas. Debeu ser
un enterro sonado.
Outro de sona foi , certamente, segundo din os textos, o do
párroco de Santa María de Leirado, Manuel Rodríguez y Parada, que finou nos
Mociños arredor do 1830, de onde era natural e onde viviu os seus últimos anos:
Asistiron ó seu enterro doce curas. Dixéronse una misa
cantada, outra a San Rosendo, outra ó Anxo da Garda e ó Santo do seu nome, e
outra, tamén cantada, con asistencia de tres curas, a Santa Isabel antes que o
seu cadáver saíra da casa. Conducían o seu cadaleito seis pobres, ós que se lle
deu una vara de pano pardo e levaban cadanseu facho ou vela, ata darlle
sepultura “en la Capilla Mayor de la
Yglesia Parroquial de Sta. Ma. de Leirado”. Repartíronse entre os pobres
tres fanegas de pan cocido e seis cuartas de viño; e entre ós máis pobres de
Chedas, Mociños e Campo Falso doce ferrados de millo.
| Cruceiro onde paraban os defuntos. Este de Campo Real, Campo Falso segundo a denominación antiga. Foto Sabela Veiga |
Deixou mandado, a máis doutras limosnas, ofrendas de cinco
ferrados “de Pan maíz”, e que se dixeran “por
mi Ánima y mas obligaciones quatrocientas misas”.
Parte da nósa Historia, nada máis; porque, á fin e ó cabo, non somos nada.
Ou sí… ¿ quizais aquelo de onde vimos?
Ou sí… ¿ quizais aquelo de onde vimos?
| quizais aquelo de onde vimos? Foto de Ana Mosquera. |
jueves, 8 de septiembre de 2016
TODO SER HUMANO É UN RÍO.
Ana Mosquera
"Estou sentado nun banco de madeira, ao pé da casa, e miro a montaña. Os vales son estreitos pero o Penagache é grande, non moi elevado, recorda a figura coas suas curvas suaves dun animal durmido. Agora hai mais árbores en fronte, na parte baixa da montaña, e menos campos de labor, ningún campo de labor, en realidade. Herdades como se di por aquí, abandonadas.
Odilo, o da luz, limpaba os camiños coa fouce. Aos montes máis próximos entraba co machete. Agora descansa ao pe dunha igrexa grande cun tellado novo"
Manuel Veiga Taboada
O interior tamén existe
| Manuel Veiga Taboada no río Salas, ao fondo o Xurés |
"Estou sentado nun banco de madeira, ao pé da casa, e miro a montaña. Os vales son estreitos pero o Penagache é grande, non moi elevado, recorda a figura coas suas curvas suaves dun animal durmido. Agora hai mais árbores en fronte, na parte baixa da montaña, e menos campos de labor, ningún campo de labor, en realidade. Herdades como se di por aquí, abandonadas.
Odilo, o da luz, limpaba os camiños coa fouce. Aos montes máis próximos entraba co machete. Agora descansa ao pe dunha igrexa grande cun tellado novo"
Manuel Veiga Taboada
Hoxe imos falar dun libro moi especial que
sae agora á venda.
Trátase dun libro de Manuel Veiga Taboada, quen foi protagonista das primeiras vivencias, incursións ou
excursións que vivimos os autores deste blog, nas nosas visitas á serra de
Penegache, e que el reflexa na primeira parte deste libro.
O libro é unha novela, enmarcada na narrativa de non ficción. Como no Danubio de Magris, o autor lévanos a unha viaxe á memoria, só que Veiga en lugar de levarnos por un río concreto conducenos por algúns dos lugares importantes da súa vida. De aquí quizá o título, o río polo que viaxamos na sua lectura é a vida dun ser humano, do autor, das persoas e dos lugares que cruzan o seu camiño.
O libro é unha novela, enmarcada na narrativa de non ficción. Como no Danubio de Magris, o autor lévanos a unha viaxe á memoria, só que Veiga en lugar de levarnos por un río concreto conducenos por algúns dos lugares importantes da súa vida. De aquí quizá o título, o río polo que viaxamos na sua lectura é a vida dun ser humano, do autor, das persoas e dos lugares que cruzan o seu camiño.
Nos primeiros
capítulos, o autor explora a vida e os montes da raia. Castelos que xa non
están, aldeas que desapareceron e outras que desaparecerán. Unha forma de vida
ancestral, que toca o seu fin.
No libro aparecemos Felipe Castro e mais eu de forma
bastante destacada, pero tamén outros veciños, que compartiron o seu coñecemento
e a súa montaña con nós.
A montaña vai revelando os seus segredos e vai xerando novas preguntas.
A montaña vai revelando os seus segredos e vai xerando novas preguntas.
| Ao fondo o Porto de Arance |
Quizá por iso o autor, como un río que vai recollendo
auga de distintos afluentes, vai profundizando na busqueda no interior de Galicia. O que non é casual, pois o carácter labrego do interior impregna a novela.
Na viaxe ao interior, a través da novela-río, baixamos das montañas e entramos nás terras de Lemos, onde Manuel nos presenta as orixes da súa familia. Neste caso, os castelos si son visibles, pero aínda así atopamos vidas de persoas e lugares, pescadores de río, pintores de acuarelas, unha libraría onde Manuel María compartía cos máis novos os seu coñecementos de literatura.
Na viaxe ao interior, a través da novela-río, baixamos das montañas e entramos nás terras de Lemos, onde Manuel nos presenta as orixes da súa familia. Neste caso, os castelos si son visibles, pero aínda así atopamos vidas de persoas e lugares, pescadores de río, pintores de acuarelas, unha libraría onde Manuel María compartía cos máis novos os seu coñecementos de literatura.
A beleza da vila natal sorprende o autor
cando a ve a través da vista de persoas alleas. A primeira vez que eu
cheguei a rúa natal de Manuel Veiga, A Calexa, chamou a miña atención, empinada e coroada por unha torre da muralla. Tiña unha decadencia poética.
Manuel Veiga confesa neste libro que foi nun certame de pintura rápida ao aire libre cando comprendeu claramente a impresión que a súa rúa natal causaba nos visitantes.
Manuel Veiga confesa neste libro que foi nun certame de pintura rápida ao aire libre cando comprendeu claramente a impresión que a súa rúa natal causaba nos visitantes.
![]() |
| Calexa de noite con neboa |
Neste val de Lemos o libro- río chega a unha casa vixiada. Unha casa
onde só o fundador podía ter intimidade. Numerosas mirillas, agachadas servían a Manuel Antero Yáñez Rivadeneira para evitar roubos e conspiracións. O que non lle impediu levar algún susto.
A casa transcende con vida propia como obra de varias xeracións, ten enrrugas. A familia propietaria descende do fundador.
Indagar na familia do fundador, resulta unha experiencia excitante. Rosenda, como personaxe nesta parte, vainos conducindo polas intimidades do pazo, polos seus segredos, os seus arquivos. Rosenda, artista vocacional, vai guiando a visita ás interioridades do edificio e da familia, co seu pai Matías Yáñez.
A familia vai pasando de ter influintes cargos en Madrid, de ser os apoderados do duque de Alba, nas terras de Lemos, a adoptar un perfil humanístico. Manuel Yáñez, un neto de Antero e avó de Matías, foi poeta galeguista e republicano da Primeira República. O seu fillo Xavier, será republicano na Segunda República, e sufrirá persecucións, que aínda hoxe lembra Matías Yañez.
A vida de Rosenda ten moito que ver co seu avó Xavier Yáñez, quen espertou nela unha paixón polo pazo e pola conservación do mesmo, con engurras como ela mesma di. Unha restauración completa é unha mentira. Non podemos evitar o paso do tempo e as cicatrices.
As persoas como ríos bebemos de varias fontes. Algunhas véñennos dadas pola orixe e a familia, outras podémolas escoller. Pero en todo caso o que nos enriquece e mirar ao interior e facernos preguntas. Contestalas non sempre será posible.
| Pazo Muíños de Antero |
A casa transcende con vida propia como obra de varias xeracións, ten enrrugas. A familia propietaria descende do fundador.
Indagar na familia do fundador, resulta unha experiencia excitante. Rosenda, como personaxe nesta parte, vainos conducindo polas intimidades do pazo, polos seus segredos, os seus arquivos. Rosenda, artista vocacional, vai guiando a visita ás interioridades do edificio e da familia, co seu pai Matías Yáñez.
| Rosenda Yáñez |
A vida de Rosenda ten moito que ver co seu avó Xavier Yáñez, quen espertou nela unha paixón polo pazo e pola conservación do mesmo, con engurras como ela mesma di. Unha restauración completa é unha mentira. Non podemos evitar o paso do tempo e as cicatrices.
As persoas como ríos bebemos de varias fontes. Algunhas véñennos dadas pola orixe e a familia, outras podémolas escoller. Pero en todo caso o que nos enriquece e mirar ao interior e facernos preguntas. Contestalas non sempre será posible.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













