Este blog é creación de Felipe
Castro Pérez, historiador e de Ana Mosquera Fernández, avogada. A idea naceu hai uns dous anos, cando
subimos por primeira vez Ás Chedas en busca dun castelo. Atopamos ás ruínas e
puxémonos a ler todo o que había escrito sobre a historia da zona. Chegamos aos
tombos de Fiaes e de Celanova. Descubrimos historias e atopamos pedras. Antonio
Seoane, veciño de Fondóns e un dos nosos inspiradores, díxonos un día: “a historia
de Galicia está escrita nas pedras”. Nós, se non somos capaces de ler nelas,
cando menos imos tratar de que a súa historia non quede tapada baixo o abandono
das silveiras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario