Mostrando entradas con la etiqueta Quen somos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Quen somos. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de abril de 2015

Quen somos?



Este blog é creación  de Felipe Castro Pérez, historiador e de Ana  Mosquera Fernández, avogada. A idea naceu hai uns dous anos, cando subimos por primeira vez Ás Chedas en busca dun castelo. Atopamos ás ruínas e puxémonos a ler todo o que había escrito sobre a historia da zona. Chegamos aos tombos de Fiaes e de Celanova. Descubrimos historias e atopamos pedras. Antonio Seoane, veciño de Fondóns e un dos nosos inspiradores, díxonos un día: “a historia de Galicia está escrita nas pedras”. Nós, se non somos capaces de ler nelas, cando menos imos tratar de que a súa historia non quede tapada baixo o abandono das silveiras.