Manuel Veiga
Notas da presentación na Casa dos Poetas
Hai artistas académicos que
pintan moi ben, pero son imitadores. Os seus cadros déixannos fríos. Todo está
ben feito pero non nos di nada. Dominan todos os estilos, pero cal é o seu
estilo? Non teñen personalidade. Parécense moito uns a outros.
Serea |
Xulio Fontes é un artista doutra
clase. Aprendeu en museos e libros, pero sobre todo é autodidacta, fíxose a si
mesmo. Non copia, investiga, déixase levar polo que lle vai saíndo. Xulio ten
unha pintura inxenua e sensíbel. Inxenuidade, sensibilidade e curiosidade teñen
a mesma raíz: a infancia, o momento no que nos deixamos sorprender por todo. O
momento no que todo nos impresiona: os olores fortes, as cores do ceo, o trono…
O que desexaría todo creador é
que esa inxenuidade, esa sensibilidade da infancia, se prolongasen. Picasso era
un gran pintor, podía pintar unha paisaxe de modo que parecese unha fotografía,
igual de real. Pero el sabía que a arte non era iso, senón que a arte era, ante
todo, unha visión propia e persoal, por iso trataba de que os seus trazos
parecesen directos, inxenuos, ás veces confusos, como a visión dun neno, sen
imitar a ninguén.
Paleta de pintor de material de reciclaxe |
Xulio, entón, é o pintor que quixo ser, co seu estilo propio.
E tendo en conta iso, que hai na
obra de Xulio? Sensibilidade. Pode ser calquera cousa menos fría, sempre nos di
algo. E Xulio, como ese neno creador, gusta das cores. Abundan nos seus cadros
as cores vivas, a natureza, a vida. Vese que a Xulio lle gusta vivir. Non é un
pintor abstracto ou xeométrico, que sempre se remite ás formas, senón que, como
ben se percibe nos seus cadros, é unha persoa vitalista.
Pero despois está o que o move a
pintar. Nesta exposición de boa parte da súa última obra distinguimos os
materiais que usa, moi orixinais, por exemplo as cunchas de mexillón ou de
vieira, pero tamén envases de ovos, tubos de medicamentos, etc. Unha
orixinalidade que se pode ver, por exemplo, nese vestido de muller feito de
cunchas de mexillón pintadas de dourado.
Boa parte desa inspiración, desas ideas, proceden do lugar no que vive, a costa, Vigo. Pero o curioso é que o que pinta, os motivos, o que leva dentro, son os temas, as imaxes do interior de Galicia, de Ourense, de Quintela de Leirado. O exemplo máis claro pode ser esa figura que chama “Zamburiñeira”. É unha figura realizada con cunchas de zamburiña, pero o que representa é unha vella das nosas aldeas.
Boa parte desa inspiración, desas ideas, proceden do lugar no que vive, a costa, Vigo. Pero o curioso é que o que pinta, os motivos, o que leva dentro, son os temas, as imaxes do interior de Galicia, de Ourense, de Quintela de Leirado. O exemplo máis claro pode ser esa figura que chama “Zamburiñeira”. É unha figura realizada con cunchas de zamburiña, pero o que representa é unha vella das nosas aldeas.
Por iso esta exposición se titula
“Mar e terra”, o mar onde vive e a terra que o inspira. Xulio é como un
emigrante, vive en Vigo, pero o que ve cando pecha os ollos é Forxán, o
Penegache ou as flores da horta da súa nai.
Hai quen dixo tamén que a pintura
moderna se inspira no feo. Xulio Fontes inspírase na vida. Hai nesta exposición
cinco cadros de mulleres, que son as que tran a vida. Mexillóns facendo unha bolboreta,
cabalos bravos e pedras nas que Xulio encontrou unha cara. Xulio sempre busca o
humano, o vivo, incluso nas pedras.
Iso cadra moi ben co que din dos
galegos e de Galicia, un territorio moi humanizado. A cada leira, a cada poucos
metros de terra, poñémoslle un nome. As pinturas de Xulio nacen desta terra, son
como os froitos dunha horta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario