Jose Luis Fuentes
Case estamos en Santos, tempo de Defuntos. E asocio estes dous
termos porque, para min, o mesmo dá. Para nós, os galegos, que non esquecemos a
diario, que lembramos a cotío ás nosas xentes que foron, quen son vivos
connosco, eles son os “santos” que pelegrinaron nesa Santa Compaña de Vivos que
é, ou debería ser,a vida.
Pensó nesto a conto de que hai días decíame Ana que caíra o Canastriño.
Confirmábamo despois o meu irmán Xulio acompañado dunha foto que lle remitía
Benita, de Forxán. Parece ser que o tirou un coche sin freos. Cousas duns
tempos que non imaxinaban os que o levantaron de primeiras…
![]() |
Canastriño antes do accidente Foto: Jose Luis Fuentes. |
![]() |
Restos do Canastriño. Foto cedida por Jose Luis Pérez Rivera. |
O Canastriño das Ánimas. A razón do seu ser é que nin na
derradeira das nosas horas somos iguais. Así, entón, estaba tamén a Irmandade
das Ánimas. O Canastriño recollía donativos, espigas de millo, e a Irmandade
xestionaba axudas para defuntos e culto. Porque nin na derradeira viaxe
aparentamos o mesmo.
E véñenme recordos doutros tempos vividos uns, oídos ou
lidos outros. Coma cando, a piques de cruzarme cun enterro, una viciña me
recadou na súa casa; seica a ánima do defunto podía apropiarse da dun neno se o
atopaba ó seu paso. Ou aquela outra vez que ó sacar o defunto da casa, a viúva
sae á porta e dille nun tono sentido e profundo: adeus, ¡amigo!
l![]() |
Canastriño nos anos sesenta. Foto de Jose Luis Fuentes. |
Contan que no enterro, alá polo século XIX, de Manuela
Feixóo e Arauxo dende Forxán ata a Costiña non se vían máis ca curas. Debeu ser
un enterro sonado.
Outro de sona foi , certamente, segundo din os textos, o do
párroco de Santa María de Leirado, Manuel Rodríguez y Parada, que finou nos
Mociños arredor do 1830, de onde era natural e onde viviu os seus últimos anos:
Asistiron ó seu enterro doce curas. Dixéronse una misa
cantada, outra a San Rosendo, outra ó Anxo da Garda e ó Santo do seu nome, e
outra, tamén cantada, con asistencia de tres curas, a Santa Isabel antes que o
seu cadáver saíra da casa. Conducían o seu cadaleito seis pobres, ós que se lle
deu una vara de pano pardo e levaban cadanseu facho ou vela, ata darlle
sepultura “en la Capilla Mayor de la
Yglesia Parroquial de Sta. Ma. de Leirado”. Repartíronse entre os pobres
tres fanegas de pan cocido e seis cuartas de viño; e entre ós máis pobres de
Chedas, Mociños e Campo Falso doce ferrados de millo.
Cruceiro onde paraban os defuntos. Este de Campo Real, Campo Falso segundo a denominación antiga. Foto Sabela Veiga |
Deixou mandado, a máis doutras limosnas, ofrendas de cinco
ferrados “de Pan maíz”, e que se dixeran “por
mi Ánima y mas obligaciones quatrocientas misas”.
Parte da nósa Historia, nada máis; porque, á fin e ó cabo, non somos nada.
Ou sí… ¿ quizais aquelo de onde vimos?
Ou sí… ¿ quizais aquelo de onde vimos?
quizais aquelo de onde vimos? Foto de Ana Mosquera. |